A REQUINTA DE XIAN

Publicado el 04/09/2006 00:00:00 | Este anuncio ha recibido 6387 visitas

Precio:
Consultar €
Teléfono:
Categoría:
Grupos de Folk
Provincia:
A Coruña
Actúa en:
  • A Coruña
Tipos de evento:
 
Tags relacionados:
banda

Descripción de A REQUINTA DE XIAN

"A Requinta de Xián" nace hai tres anos coa firme intención de rescatar todo o material posible sobre a requinta e seus intérpretes nun intento case desesperado de recuperar esta fermosa formación e este instrumento único.
O disco que agora lles ofrecemos non é mais que un pequeno reflexo do froito dunha labra de recuperación dos instrumentos do Ulla, e en particular da requinta, iniciada hai tres anos e que abrangueu a práctica totalidade dos requinteiros vivos. Esperamos poderlles ofrecer pronto, e dun xeito mais extenso e completo, os froitos deste traballo.
O núcleo fundamental deste disco compono parte do repertorio dunha das máis famosas requintas do Ulla: "Os Airiños do Ulla". Naceron no 1930 en Berres (A Estrada) xa coa formación de dúas requintas, dúas gaitas de fol en Si natural, caixa e bombo de tarraxes, e mantivéronse activos ata 1980 cando a morte do seu requinteiro fundador, Manuel Gestoso Varela, deu o traste con ela.
Entre as cantigas que poderán escoitar neste traballo non fallan tampouco pezas recollidas a outras "requintas" e a diversos informantes con diferentes vinculacións ó
folclore ullán.