a requinta de xian

0 valoraciones
Provincia

A Coruña

Actúa en

A Coruña

banda

Descripción: "A Requinta de Xián" nace hai tres anos coa firme intención de rescatar todo o material posible sobre a requinta e seus intérpretes nun intento case desesperado de recuperar esta fermosa formación e este instrumento único. ...

Precio: Consultar €

Publicado el 04/09/2006 00:00:00 | 6383 visitas

Descripción

"A Requinta de Xián" nace hai tres anos coa firme intención de rescatar todo o material posible sobre a requinta e seus intérpretes nun intento case desesperado de recuperar esta fermosa formación e este instrumento único.
O disco que agora lles ofrecemos non é mais que un pequeno reflexo do froito dunha labra de recuperación dos instrumentos do Ulla, e en particular da requinta, iniciada hai tres anos e que abrangueu a práctica totalidade dos requinteiros vivos. Esperamos poderlles ofrecer pronto, e dun xeito mais extenso e completo, os froitos deste traballo.
O núcleo fundamental deste disco compono parte do repertorio dunha das máis famosas requintas do Ulla: "Os Airiños do Ulla". Naceron no 1930 en Berres (A Estrada) xa coa formación de dúas requintas, dúas gaitas de fol en Si natural, caixa e bombo de tarraxes, e mantivéronse activos ata 1980 cando a morte do seu requinteiro fundador, Manuel Gestoso Varela, deu o traste con ela.
Entre as cantigas que poderán escoitar neste traballo non fallan tampouco pezas recollidas a outras "requintas" e a diversos informantes con diferentes vinculacións ó
folclore ullán.

Opiniones de A REQUINTA DE XIAN

Formulario de contacto

Contacta sin compromiso con este artista

A través de unAplauso puedes ponerte en contacto con este anunciante.

Fecha del evento *

Al presionar "Contactar" estás aceptando las Condiciones Legales.